PPFC

PONTEVEDRA PROVINCIA FILM COMMISSION

PONTEVEDRA PROVINCIA FILM COMMISSION

Provincia de Pontevedra Film Commission é un servizo público e gratuíto da Deputación de Pontevedra xestionado por Turismo Rías Baixas cuxo obxectivo principal é promover a provincia de Pontevedra como destino de rodaxes, proxectos audiovisuais e cinematográficos, así como incrementar o posicionamento da súa imaxe de marca a nivel nacional e internacional e o seu crecemento económico.

Con este servizo preténdese asesorar e apoiar a todas as empresas e profesionais nacionais e internacionais do sector audiovisual que queiran rodar na provincia de Pontevedra. Desta maneira, promóvense e facilítanse as rodaxes neste destino e a internacionalización deste. A Provincia de Pontevedra Film Commission facilita a xestión de todos os trámites e necesidades de empresas e actividades relacionadas con películas de cinema, programas e series de televisión, documentais, anuncios publicitarios e reportaxes fotográficas que se queiran rodar nesta provincia.

FUNCIÓNS
  • Servizos de asistencia na produción e facilitación xeral da rodaxe. 
  • Asistencia e asesoramento na procura de localizacións.
  • Colaboración para o desenvolvemento das rodaxes con entidades públicas e privadas. Intermediación con institucións de carácter público ou privado.
  • Creación dunha estrutura local e de colaboración municipal permanente, capaz de facilitar o traballo audiovisual de produtoras e produtores e creadoras e creadores.
  • Proporcionar orientación, asesoramento, información e apoio nas xestións e tramitacións necesarias para desenvolver proxectos de rodaxe audiovisual en coordinación con outras administracións municipais, autonómicas e nacionais para a tramitación dos permisos, autorizacións e documentación necesarios para realizar as rodaxes.
  • Apoio ás empresas de produción audiovisual que desexen rodar na provincia de Pontevedra actuando como ligazón con produtoras, empresas de servizos para a produción, empresas auxiliares e profesionais do sector audiovisual. 
  • Soporte ao sector audiovisual local e ás empresas da provincia de Pontevedra relacionadas con estes servizos ofrecendo información sobre empresas e profesionais locais do sector, facilitando as relacións das produtoras coas devanditas empresas, profesionais, servizos e instalacións da industria audiovisual da provincia e proporcionando asesoramento e información nese ámbito.
  • Apoio promocional e de difusión en medios.
  • Accións promocionais nacionais e internacionais en colaboración coa Spain Film Commission.
  • Promoción da cultura audiovisual entre a cidadanía, co obxectivo de posicionar a provincia de Pontevedra como destino cinematográfico.
CONTACTO

Turismo Rías Baixas

Palacete das Mendoza, Plaza de Santa María s/n. 36071 - Pontevedra, Spain

886 211 720

filmcommission@depo.es